Más información
XXXIII DÚATLON CIDADE DE LUGO
MEMORIAL ALEJANDRO
LÓPEZ
PROBA POPULAR ABERTA A LICENZAS DE 1 DÍA
Organiza:
FeFeMe Tríatlon do Miño
E-mail. fefemetriatlon@yahoo.es
Persoa de contacto: Miguel Fernández
Teléfono: 620 755 730
Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial
Federación Galega de Triatlón
Patrocina:
Concello de Lugo
Colaboran:
Protección Civil Concello de Lugo
Policía Local de Lugo
Fundación Deporte Galego
Secretaría Xeral para o Deporte
Data e horario de carreira:
Domingo 24 de novembro de 2024 ás 11:00 h.
hora de entrega de premios: Ao remate do último participante Aprox 13:00
Distancia:
Sprint: 5 km de carreira a pé – 20 km en bicicleta – 2,5 km de carreira a pé
Inscricións: Ata o martes 19 de novembro
A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións/inscricións. O abono da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV
Prezo: 20€ ( xuvenís gratuíta )
Deportistas/clubs con licenza federativa en vigor.-
Clubs.- Unha vez que se accede á carreira picarase na ligazón “inscrición” e introducirase o código do club e a contrasinal.
Deportistas.- Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario.
Licenzas temporais de 1 día:
Unha vez no apartado COMPETICIÓNS picaraseCompeticións/inscricións para acceder á carreira. Dentro da Carreira picarase na ligazón INSCRICIÓN e introduciranse os datos. O Pagamento realizarase a través de TPV con tarxeta bancaria. (Custe licenza de 1 día de 20 €+ 20 € Inscrición ) Total ingreso 40 € (*xuvenís só 6 euros de licenza de un día menores) , (para que a inscrición sexa válida, imprescindible enviar a copia do DNI en vigor a través da plataforma de inscricións á Federación (fegatri@hotmail.com)
Deportistas con licenza de FGC (Federación Galega de Ciclismo).-
Unha vez no apartado COMPETICIÓNS picarase Competicións/inscricións para acceder á carreira. Dentro da Carreira picarase na ligazón INSCRICIÓN e introduciranse os datos persoais que figuran no formulario de deportistas con licenza de ciclismo. Custe Licenza temporal de 1 día 5€ que se sumará á cota de inscrición. Total 25€ absolutos/5€ menores (para que a inscrición sexa válida, imprescindible enviar a copia do DNI en vigor a través da plataforma de inscricións á Federación (fegatri@hotmail.com)
Baixas e política de Devolucións:
As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a través do correo electrónico fegatri@hotmail.com, antes do remate do prazo de inscrición. Unha vez pechado o prazo non se fan
devolucións. As devolucións das baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas na semana seguinte á celebración da proba na tarxeta de abono.
No caso de inscricións incompletas (falta de documentación) ou que non se axusten ao regulamento, rematado o prazo de inscrición estas serán anuladas e non se farán devolucións.
Publicación lista de inscritos:
Publicación da lista provisional: rematado o prazo de inscrición ou o xoves anterior á proba publicarase a lista provisional de persoas inscritas (esta admite reclamacións cando na lista se dea algún erro debido ao manexo dos
datos na Federación, por exemplo, baixas solicitadas en tempo que non aparecen dadas na lista...). É moi importante revisar esta lista para ter opción a reclamar se hai algún erro nela. Publicación da lista definitiva: o venres
anterior á proba publicarase a lista definitiva (esta é firme e xa non admite cambios).
CRONOMETRAXE CON CHIP AMARELO EN PROPIEDADE OU ALUGUER:
Haberá cronometraxe championchip. Será obrigatorio o uso do chip amarelo Championchip, os/as participantes que teñan en propiedade o chip amarelo deberán indicalo no correspondente apartado da inscrición, poñendo o
número do seu chip persoal.
NON SE PODE CORRER CO CHIP DOUTRA
PERSOA
No caso de non ter chip ou telo extraviado, deberán acceder á seguinte ligazón de Champion Chip para alugalo ou mercalo e poder recibilo o día da proba, depositando unha fianza que aboarán por TPV a través da ligazón.
https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2470/gestion-de-chips-pruebas-fegatri
As opcións que recollerá a ligazón de cara á súa obtención serán as seguintes:
Haberá chips de aluguer para incidencias na proba a un custe de 10€, devolveranse 5€ coa de-volución do mesmo.
Saída, transición e meta:
Pazo de Feiras e congresos
Recollida de dorsais e acreditación:
Pazo de feiras e congresos na carpa de organización de 09:15 h. ata as 11:30 h.
Control de material:
De 09:30 h. a 10:20 h. (durante o sector ciclista da 1ª carreira habilitarase un control de material para as participantes que non lles fose posible pasalo no horario anterior)
Reunión técnica:
A reunión Técnica será publicada o xoves previo na web da FEGATRI
Premios:
Ao importe do premio económico individual practicaráselle unha retención do 15% en concepto de I.R.P.F.
"Art.8.6 Regulamento de Competición FEGATRI.- Aquel deportista ou club que non estea presente na chamada ao podio será sancionado con 25 e 50 euros respectivamente e non poderá participar nas seguintes probas ata o seu abono" Exención
COVID-19 calquera deportista que non poida quedar á entrega deberá avisar a delegado técnico ou xuíz árbitro.
Deportistas que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo.
Normas de competición
A proba rexerase polas normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición das Federacións Galega e Española de Tríatlon .
Outra Información:
Procedemento de saídas: Dez minutos antes do comezo da saída, os/as deportistas iranse ordenando por dorsal na cámara de chamadas,
Chegada a meta:Unha vez que os/as deportistas pasen a liña de meta, dirixiranse, sen pararse, á zona próxima de postmeta, onde depositarán os seus chips, nos recipientes habilitados (se non son en propiedade) e pasarán a avituallarse e saír da zona de postmeta para ir recoller a súa bicicleta e equipamento.
Recollida de dorsais e chips de cronometraxe: Na zona habilitada, o día da proba.
Servizo de Gardarroupa: a carón da secretaría
Avituallamento: Avituallamento líquido no segmento de carreira a pé, e avituallamento líquido e sólido na zona de postmeta.
Vestiarios e duchas: Instalacións O Palomar.