XX TRIATLON CIDADE DE PONTEVEDRA MASCULINA

Inscripciones no activas

Datos básicos

  • Cuándo: Sábado, 21 de agosto de 2021 a las 15:00
  • Lugar: PONTEVEDRA
  • Población: PONTEVEDRA
  • Provincia: Pontevedra
  • Fechas de inscripción: Del 03/08/2021 a las 11:00 al 17/08/2021 a las 23:59

Tarifas

Días
Horas
Minutos
Segundos

Contacto

Más información

XX TRÍATLON CIDADE DE PONTEVEDRA

Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon Sprint 2021

 

REGULAMENTO

 

Organiza:

Concello de Pontevedra

Lodeco S.L.U.

Email: lodeco@lodeco.es

Persoa de contacto: Miguel Fernández – Tlf. 600 433 203

Federación Galega de Tríatlon

 

Patrocina:

Concello de Pontevedra

 

Colaboran:

Policía Local

Protección Civil

Secretaría Xeral para o Deporte

 

Datas e horarios das carreiras:

Sábado  21 de agosto de 2021

Saída proba masculina ás 15:00h

Saída proba feminina ás 16:30h

Entrega de premios  Masculina estimado ás 16:15 h.

Saída proba Relevos Mixtos ás 19:00h 

Entrega de premios Feminina estimado ás 21:00h.  

 

 

Distancias:

Sprint:Natación 750m– Ciclismo 20km  (4 voltas)– Carreira a pé 5Km (2 voltas)

DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS:

 

O Campionato galego de  Tríatlon  de Estrada 2021 a celebrar en Pontevedra o 21 de agosto, atenderá ao seguinte:

 

  • Disputaranse dúas carreiras separadas, unha masculina e outra feminina. Limitadas cada unha a 120 participantes.
  • A inscrición nas probas distribuirase do seguinte xeito, so para federados/as con licenza galega ou de clubs que posúan a mesma, e priorizando no primeiro prazo a federados/as con licenza  galega ou de clubs galegos que aboaran Dereitos de circuíto.

 

 

  1. Proba masculina.-

1.- Garántese a inscrición dos invitados polo  punto 5 do regulamento oficial de competición

 -  Invitación por clasificación 2019- Procederase á inscrición do deportista e deberá  comunicarse por parte do club,  a quen se outorgan,  antes do venres, 13 de agosto,  ás 23:59 h. ao email fegatri@hotmail.com

  1.  

CAMPIONATO GALEGO DE TRIATLON MASCULINO

INVITACIÓNS POR CLASIFICACIÓN 2019

CIDADE DE LUGO FLUVIAL

3

ARCADE INFORHOUSE SANTIAGO

3

T. ARTEIXO

3

T. BOIRO

2

AD FOGAR

2

TRIPENTA TERRAS DE LUGO

2

TRIATLON RIAS BAIXAS

1

AD NARON

1

T. MAR DE VIGO

1

Trinorth

1

CN Pabellón Ourense

1

TOTAL INVITACIÓNS

20 +(3)

-Invitacións do punto 5.2d),  da dirección técnica deberán ser solicitadas antes do próximo xoves, 12 de de agosto, ás 14:00 h.

 

  1. 45 primeiros clasificados da proba de Circuíto celebrada “Tríatlon do Miño-Lugo” segundo estaba establecido regulamentariamente para a celebración das dúas probas calendarizadas cando esta foi disputada (Ferrol e Lugo)
  2. 1 invitación para cada club e/ou deportista independente que tivese aboado o circuíto 2021  (51)
  3.  O resto de prazas cubriranse por orde de inscrición.

Procedemento-  Abrirase un período para  a inscrición de deportistas con dereito a  prazas polos puntos anteriores, ata o venres da semana anterior á proba. No caso de que non se cubran as prazas, abrirase un segundo prazo o luns da semana da proba e serán completadas por orde de inscrición na plataforma ata o martes ás 23:59. Completadas as prazas abrirase unha lista de agarda que se xestionará diariamente, sendo a última incorporación o mércores ás 14:00 h.

 

-Aos efectos de clasificación de clubs, acórdase que poderá puntuar para a mesma  calquera deportista do club, acceda ou non por invitación.

Inscricións:  

A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado  Regulamentos/Inscricións.

O abono da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV

Prezo: 20€ ( xuvenís gratuíta )

1º PRAZO.-  Prazas outorgadas e invitacións ( puntos 1, 2, 3)

Ata as 23:59 do venres 13 de agosto  de 2021

 

***Os clubs enviarán listado coas persoas a quen outorgan as invitacións  dos puntos 1 e  3  a fegatri@hotmail.com  (tal e como estaba establecido regulamentariamente,  antes do remate do 1º prazo de inscrición) e procederán a inscrición na plataforma

*** As invitacións da dirección Técnica solicitaranse antes do xoves, 12 de agosto, ás 14:00 h.

 

2º PRAZO- Prazas vacantes (só federados  con licenza galega )

Do luns, 16 de agosto, as 00:00 h. ata o martes 17 de agosto ás 23:59 h.

 

Listaxe de agarda:

Esgotadas as prazas vacantes do 2º prazo, abrirase unha lista de espera que se xestionará diariamente, por orde de inscrición, segundo as vacantes que se vaian producindo e ata o remate do prazo de inscrición. Comunicarase ao/á participante correspondente, da lista de espera, por correo electrónico a vacante, dándolle prazo para formalizar a inscrición ata as 14.00 h do mesmo día. A última incorporación será feita o  mércores 18 de agosto ás 14.00 h.

 

Baixas e política de Devolucións:

As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a través do correo electrónico fegatri@hotmail.com, antes do remate do prazo de inscrición. Unha vez pechado o prazo non se fan devolucións.

As devolucións das baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas na semana seguinte á celebración da proba.

No caso de inscricións incompletas (falta de documentación) rematado o prazo de inscrición. Estas serán anuladas e non se farán devolucións.

 

* En caso de cancelación da proba devolverase a cota de inscrición íntegra na tarxeta de abono. Nin a Federación, nin a organización se fará cargo de ningún outro gasto que o/a deportista puidese ter realizdo con motivo da súa previsión de participación no evento.

 

 

Publicación lista de inscritos:

Publicación da lista provisional: rematado o prazo de inscrición ou o xoves anterior á proba publicarase a lista provisional de persoas inscritas (esta admite reclamacións cando na lista se dea algún erro debido ao manexo dos datos na Federación, por exemplo, baixas solicitadas en tempo que non aparecen dadas na lista...). É moi importante revisar esta lista para ter opción a reclamar se hai algún erro nela. Publicación da lista definitiva: o venres anterior á proba publicarase a lista definitiva (esta é firme e xa non admite cambios). –

 

 

CRONOMETRAXE con Chip amarelo en propiedade ou aluguer:

Haberá cronometraxe championchip. Será obrigatorio o uso do chip amarelo Championchip, os/as participantes que non teñan en propiedade o chip amarelo deberán  inscribirse no apartado NON PROPIETARIOS e aboarán unha fianza de 25 € pagando a través do TPV) Serán devoltos 23€ (2€ de aluguer), comprobada a devolución do mesmo,  na semana seguinte á proba na mesma tarxeta. Non se disporá de chips de aluguer o día da proba

 

Control de material:

Campionato galego masculino: 14:00h a 14:45h

Campionato galego feminino: 17:30h a 16:15h

 

 

Premios: Trofeos/medalla para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.  

  • Premios económicos probas individuais :
    • 1º clasificados masculino e feminina      150,00 €
    • 2º clasificados masculino e feminina      100,00 €
    • 3º clasificados masculino e feminina         50,00 €
    • Primeiros clubs masculino e feminino    200,00 €

Ao importe do premio económico individual practicaráselle unha retención do 15% en concepto de I.R.P.F.

"Art.8.6 Regulamento de Competición FEGATRI.- Aquel deportista ou club que non estea presente na chamada ao podio será sancionado con 25 e 50 euros respectivamente e non poderá participar nas seguintes probas ata o seu abono" Exención COVID-19 calquera deportista que non poida quedar á entrega deberá avisar a delegado técnico ou xuíz árbitro.

Normas de competición: A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición das Federacións Galega e Española de Tríatlon

Regulamentos 2021 FETRI/FEGATRI

Protocolo Preventivo COVID 19 FEGATRI

 

 

Normativa Xeral COVID-19

Segundo se recolle no protocolo FISICOVID-DXT de aplicación á proba, citado neste regulamento, é de obrigado cumprimento para deportistas e resto de persoas involucradas no desenvolvemento da proba, o seguinte:

• Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento, antes, durante e despois da práctica deportiva.

• Uso de máscara en todo momento, coa única excepción do momento da práctica deportiva.

•Evitar lugares concorridos, aglomeracións de persoas ou saúdo con contacto físico.

• Non acudir á proba en caso de presentar síntomas compatibles coa COVID-19, febre ou contacto estreito recente con positivos.

  • No caso de detección, ou auto detección, de sospeita de COVID-19 no entorno da proba, seguiranse as directrices establecidas no punto 4.3 do protocolo FEGATRI.
  • Infórmase aos/ás deportistas de máis de 60 anos de que existe un maior risco de consecuencias graves en caso de contaxio e recoméndase unha maior toma de medidas preventivas pola súa parte

 

Procedemento de saídas:

Saída escalada, con 2 deportistas saíndo cada 20”, cunha separación lateral de 1,5 metros entre deportistas no caixón de saída.

Dez minutos antes do comezo da saída, os/as deportistas iranse ordenando por dorsal na cámara de chamadas, diante das súas bicicletas. Materán sempre a distancia de seguridade, e irán avanzando cara aos caixóns de presaída segundo o vaian indicando os oficiais e persoal de organización.

Xusto antes de entrar nos caixóns de presaída, os/as deportistas poderán quitar a máscara e desbotala no contedor habilitado nese punto a tal efecto.

Se un/unha deportista presente non toma a saída no momento que lle corresponde, quedará a xuízo de DT permitirlle ou non tomar despois a saída, como moi pronto na última rolda, e asignándolle en calquera caso o tempo de saída que inicialmente lle correspondía.

 

Chegada a meta:

Unha vez que os/as deportistas pasen a liña de meta, dirixiranse, sen pararse, á zona próxima de postmeta, onde primeiramente se lles fará entrega dunha máscara que deberán colocar inmediatamente, depositarán os seus chips, nos recipientes habilitados (se non son en propiedade) e pasarán a avituallarse e saír da zona de postmeta para ir recoller a súa bicicleta e equipamento. Todo o procedemento farase nun único sentido de circulación, e mantendo sempre a distancia de seguridade co resto de deportistas e persoal da proba.

 

Recollida de dorsais e chips de cronometraxe:

Na zona habilitada, o día da proba, poderanse establecer tramos horarios de recollida ordenados por dorsal que serán publicados na reunión técnica online, de cara a evitar aglomeracións. Así mesmo, manterase sempre un fluxo único de movemento de deportistas para recoller o dorsal, co fin de facilitar o cumprimento das distancias de seguridade.

 

Gardarroupa:

Non haberá gardarroupa. O/a deportista recibirá unha bolsa na que deberá gardar todas as súas pertenzas que non sexan para competir, deixando a mesma pechada no seu espazo en transición.

 

Avituallamento:

Avituallamento líquido no segmento de carreira a pé, e avituallamento líquido e sólido na zona de postmeta. Procedemento de avituallamento segundo se recolle no protocolo FISICOVID-DXT da FEGATRI.