REGULAMENTO
O Concello de Pontecesures organiza a XXII Carreira Popular de Pontecesures, que se celebrará o Domingo 15 de xaneiro de 2023 a partir das 11:00 horas.
Nesta edición, non queremos deixar de reivindicar o compromiso e a solidariedade e, polo tanto, na “XXII CARREIRA POPULAR_RUN FOR THEM” imos correr para axudar ás persoas que peor o están a pasar no actual contexto de crise económica que estamos a vivir.
A totalidade da recadación obtida será donada a proxectos de auxilio e protección a persoas participantes nos programas de emprego e comedores sociais de Cáritas; de modo que contribuiremos a facilitar ferramentas e recursos de primeira necesidade a usuarios/as da contorna porque, neste momento de incertidume, o número de persoas que están a ver mermada a súa capacidade de subsistir dignamente non deixa de ir en aumento.
As probas disputaranse na data sinalada a partir das 11:00 horas da mañá na localidade de Pontecesures nun circuito urbano con saída e chegada en A Plazuela.
Todas as persoas que o desexen poderán colaborar mediante a achega de alimentos non perecedeiros o mesmo día do evento ao punto de recollida solidaria que se situará no recinto e que se entregarán a Cáritas para comedores sociais.