Más información
V NADA E
CORRE DE LUGO
CLASIFICATORIO ZONA 1 (Provincia de Lugo, Narón, Ferro, Cedeira)
REGULAMENTO:
Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial
Persoa de contacto: Adrián Vázquez Fernández (646609171)
E - mail: trifluvial@yahoo.es
Federación Galega de Triatlón
Colabora:
Información da carreira:
Sábado 30 de novembro de 2024
Quecemento a partir das 9:00h*
Natación: 9:45h*
Carreira a pé: 12:00h*
Hora de remate das probas ás 14:00h*
Lugar natación: Piscina Municipal As Pedreiras
Lugar atletismo: Pistas de Atletismo Gregorio
Pérez Rivera
Categorías e Distancias:
CATEGORIAS
|
ANOS
|
NATACIÓN
|
*HORARIOS
|
CARREIRA
|
**HORARIOS
|
PREBENXAMIN
|
2017 -
2018*
|
25 M
|
09:45
|
250 M
|
12:00
|
BENXAMIN
|
2015 - 2016
|
50 M
|
10:00
|
500 M
|
12:20
|
ALEVÍN
|
2013 - 2014
|
100 M
|
10:15
|
500 M
|
12:40
|
INFANTIL
|
2011 - 2012
|
200 M
|
10:45
|
1000 M
|
13:00
|
CADETE
|
2009 - 2010
|
300 M
|
11:30
|
1500 M
|
13:20
|
* a partir de 6 anos cumpridos
** Horarios aproximados
• Inscricións:
Data límite o luns día 25 de novembro de 2024.
FEDERADOS: Formalizarase
a través da páxina Web: www.fegatri.org dentro do apartado Competicións /Regulamentos-inscricións, accedendo á proba de referencia e cubrindo os datos
solicitados.
DEPORTISTAS NON FEDERADOS (LICENZA TEMPORAL 1 DÍA):
A inscrición realizarase on-line, a través
da web da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno www.fegatri.org no apartado Competicións: Regulamentos/Inscricións. Picar sobre a carreira e ir á ligazón de INSCRICIÓN.
O pago faise a través de TPV. Para validar a inscrición é imprescindible o envío da copia do DNI en e formulario de autorización de protección de datos a través da plataforma co DNI de quen autorice a mesma https://fegatri.org/wpcontent/uploads/2021/09/Ficha-menores-de-14-anos-act-xogade.docx Custo licenza 1 día menores: 6 euros.
Cada club deberá designar un Técnico/Delegado, responsable do Club fronte a calquera incidencia da competición. Deberá inscribirse on-line, a través da web da Federación, cubrindo os seus datos, cun número de teléfono de contacto para poder validar a inscrición do Club na proba. https://www.rockthesport.com/es/evento/acreditacions-v-nada-e-corre-de-lugo-2024
Para poder validar a inscrición na proba, será obrigatoria a introdución dos tempos de natación, na distancia correspondente, para elaboración das series
(minutos e segundos no formato (0000). O tempo introducirase só cos catro díxitos seguidos. Dous díxitos de minutos e dous díxitos de segundos a continuación sen ningún tipo de puntuación
COMUNICACIÓN DE BAIXAS:
Estas deben ser comunicadas a FEGATRI antes das 16:00 horas do xoves anterior á proba (28 de novembro). As baixas non comunicadas en prazo
serán penalizadas económicamente con 2€. Non se admitirán inscricións incompletas ou fóra de prazo.
o Medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.
A cronometraxe será manual nas dúas probas
Piscina As Pedreiras de 09:00 a 9:30 h o mesmo día da proba
Cada proba consistirá en nadar e correr. A natación efectuarase en series por categoría e sexo, conformadas en base aos tempos enviados polos adestradores. Na carreira realizarase unha saída por categoría e sexo saíndo todos á vez. Cando nunha categoría sexan máis de 20 participantes poderá haber unha saída A e outra B con igual número de deportistas, segundo a orde da clasificación da natación. A clasificación final será o resultado da suma de tempos da carreira e da natación. A carreira rexerase segundo o Regulamento Oficial de
Competición da FEGATRI e a FETRI.
https://fegatri.org/wp-content/uploads/2023/11/nada_corre_20023.pdf
• Normas xerais da instalación
Será obrigatorio o uso de chancletas en todo momento, non se permitirá acceder á praia da piscina a ninguén que non leve chancletas.
É necesario no caso de querer gardar o material nas taquillas do vestiario, dispor dun candado para o seu uso.
Ao finalizar a proba os/as nadadores abandonarán a praia da piscina, dirixíndose directamente ao vestiario e posteriormente sairán da instalación.
-Os/as deportistas, en ningún caso poderán quedarse dentro unha vez− finalizada a proba de natación da súa categoría.