Más información
Circular Tríatlon e Muller- 4 de novembro de 2024
Convocatoria Encontro de Menores V Edición do Programa Amazonas A Coruña
Obxectivo: Promoción do tríatlon feminino.
Data: 9 de Novembro de 2024.
Nº Prazas: 20
Dirixido a :
- Deportistas femininas das categorías infantil, cadete e juvenil (nadas entre os anos 2007 e 2012, ambos incusive).
(*) Preferencia de inscripción para deportistas federadas FEGATRI
Lugar de Celebración:
Punto de Encontro: Aparcamento fronte o Hotel Eurostars Ciudad De La Coruña (Adormideras)
Inscrición e procedemento:
A inscrición será GRATUÍTA.
Prazo de inscripción: ata o mércores 6 de Novembro ás 23:59 horas.
Pódense comunicar as baixas ata o peche de inscripcións enviando un email a fegatri@hotmail.com.
Se unha deportista non se da de baixa a tempo, e non acude ao encontro sen causa xustificada, non poderá inscribirse no seguinte encontro.
O custe de 6 euros do seguro de un día para deportistas non federadas será subvencionado a través do programa Amazonas.
A listaxe definitiva de inscritas publicarase na páxina web da FEGATRI (www.fegatri.org) o venres anterior ao encontro (8 de novembro de 2024).
Procedemento:
FEDERADAS: Formalizarase a través da páxina Web: www.fegatri.org , dentro do apartado https://fegatri.org/inscricions/, accedendo á proba de referencia.
DEPORTISTAS NON FEDERADAS (LICENZA 1 DÍA): A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno www.fegatri.org, no apartado Competicións:
Regulamentos/Inscricións. Picar sobre a carreira e ir ó enlace de INSCRICIÓN. Custe licenza de 1 día 6 euros que subvenciona o programa Amazonas. Para validar a inscrición é imprescindibleo envío da copia do DNI en vigor e formulario de autorización de protección de datos a través da plataforma co DNI de quen autorice a mesma https://fegatri.org/prezos-normativas/
ADESTRADORAS CON LICENCIA FEGATRI: Formalizarase a través da páxina Web: www.fegatri.org , dentro do apartado https://fegatri.org/inscricions/, accedendo á proba de referencia.
Outra información:
O encontro comezará ás 10:30 horas e finalizará ás 12:00 horas.
Traballaranse aspectos técnicos e tácticos de ciclismo e carreira a pé.
As deportistas deberán acudir co material necesario para o desenvolvemento destas actividades (bicicleta, casco, zapatillas
de carreira,…).
Para calquera dúbida ou consulta, podes enviar un correo ao seguinte enderezo electrónico fegatri@hotmail.com
RESPONSABLE TÉCNICA DO ENCONTRO.
Marta Barbeito Domínguez (Adestradora Responsable do Programa Amazonas da Federación Española de Tríatlon).