Más información
NADA E CORRE CONCELLO DE PORTO DO SON
ENCONTRO COMARCAL 2021
GRUPO 5
ORGANIZAN:
ARTROGAL TRI498
CONCELLO DE PORTO DO SON
FEDERACION GALLEGA DE TRIATLON
SOOM MANAGEMENT
COLABORAN
Secretaría Xeral para o Deporte
Persoa de contacto: Carlos Lorenzo Blanco 686215915
Data e Lugar:
Sábado, 11 de decembro de 2021
Complexo Deportivo da Piscina Municipal. ( Noal, 1-Porto do Son)
Secretaría da proba :
Piscina Municipal Porto do Son
Participantes :
Grupo 5.- Santiago e Barbanza.- CT. Artrogal Tri-498, CN Riveira, C.T. Jealsa Boiro, C.Olímpico de Vedra, C. Triatlón Compostela, C.T. Inforhouse Santiago. CT Rianxo.
Entrega de dorsais: O día da proba de 9:00 a 10:00h
Categorías:
PREBENXAMÍN :nad@s nos anos 2013-2015* (6 anos cumpridos).
BENXAMÍN: nad@s nos anos 2011-2012.
ALEVÍN: nad@s nos anos 2009-2010.
INFANTIL: nad@s nos anos 2007-2008.
CADETE: nad@s nos anos 2005-2006.
Horarios e Distancias:
Quecemento de natación: 10:00h.
Comezo da Proba : 10:30h
Categoría
|
Natación
|
Horario
|
Carreira
|
Horario
|
Prebenxamín
|
25m
|
10:30h
|
250m
|
12:00h
|
Benxamín
|
50m
|
10:45h
|
500m
|
12:15h
|
Alevín
|
100m
|
11:00h
|
500m
|
12:30h
|
Infantil
|
200m
|
11:15h
|
1000m
|
12:45h
|
Cadete
|
300m
|
11:30h
|
1500m
|
13:00h
|
*Os horarios son provisionais e publicarase o definitivo completada a inscrición.
INSCRICIÓNS:
Data límite o Martes 7 de decembro de 2021
FEDERADOS TRIATLÓN
Formalizarase a través da paxina Web:www.fegatri.org, dentro do apartado Competicións/Regulamentos-inscricións, accedendo á proba de referencia.
DEPORTISTAS CON LICENZA EN VIGOR : A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno www.fegatri.org, no apartado Competicións/Regulamentos-inscrcións, picar sobre a carreira , ir a ligazón de INSCRICIÓN e cubrir os datos.
DEPORTISTAS SEN LICENZA EN VIGOR (LICENZA TEMPORAL DE 1 DÍA): A inscrición realizarase on-line, atraves da web da Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno www.fegatri.org, no apartado Competicións/Regulamentos-inscricións, picar sobre a carreira , ir a ligazón de INSCRICIÓN e cubrir os datos.O pago faise a través de TPV. Para validar a inscrición é imprescindible o envío da copia do DNI en vigor e formulario de autorización de protección de datos a través da plataforma co DNI de quen autorice a mesma a través da plataforma de inscrición https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/09/Ficha-menores-de-14-anos-act-xogade.docx .
Custe licenza temporal de 1 día menores : 6 €
Tempos de Natación:
Para poder validar a inscrición na proba, será obrigatoria a introdución dos tempos de natación, na distancia correspondente, para elaboración das series (minutos e segundos no formato (0000). O tempo introducirase só cos catro díxitos seguidos. Dous díxitos de minutos e dous díxitos de segundos a continuación sen ningún tipo de puntuación)
Adestrador/a Responsable
Cada club deberá designará un Técnico/Delegado, con licenza federativa que será o/a responsable do Club fronte a calquera incidencia da competición. A inscrición realizarase a través da plataforma de inscricións.
Comunicación de baixas
Estas deben ser comunicadas á FEGATRI antes das 16:00 horas do xoves anterior á proba (18 de Novembro de 2021). As baixas non comunicadas en prazo terán a penalización vixente de 2€ por deportista.
Non se admitirán inscricións incompletas ou fora de prazo.
Política de Devolución
Unha vez pechado o prazo non se fan devolucións.
As devolucións das baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas na tarxeta de abono a través de TPV, na semana seguinte á celebración da proba.
No caso de inscricións incompletas (falta de documentación) rematado o prazo de inscrición, estas serán anuladas e non se farán devolucións.
Publicación de listaxe de inscrición
Publicación lista provisional: o xoves anterior á proba publicarase a lista provisional de inscritos na páxina web www.fegatri.org (esta admite reclamacións cando na listaxe se da algún erro debido o manexo dos datos na Federación, por exemplo , baixas solicitadas en tempo que non aparecen dadas no listado ,…). É moi importante revisar este listado para ter opción a reclamar se hai algún erro no mesmo.
Publicación lista definitiva : o venres anterior á proba publicarase a lista definitiva (esta é firme e xa non admite cambios).
Premios
Medallas para 3 primeiros e primeiras da clasificación individual por categoría e sexo.
Normas de Competición
A proba rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición da FEGATRI.
https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/10/proposta-nada_corre_2021.pdf
https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/07/REGULAMENTO-DE-COMPETICIONS-DA-FEGATRI-TEMPADA-2021.pdf
Cada proba consistirá en nadar e correr. A natación efectuarase en series por categoría e sexo, conformadas en base aos tempos enviados.
Na carreira realizaranse saídas por categoría e sexo seguindo o protocolo FISICOVID-DXT vixente. Poderán configurarse varias series para dar cumprimento ao mesmo.
A clasificación final será o resultado da suma de tempos da carreira e da natación.
NORMATIVA COVID COMPLEMENTARIA
En todo momento se seguirá o protocolo Fisicovid-DXT FEGATRI vixente, coas seguintes normas complementarias.
- A entrada ao recinto só estará permitida, previa identificación (Licenza, DNI, pasaporte ou outro documento oficial con foto) a participantes, técnicos, organización e oficiais con acreditación.
Todos deben entregar á súa chegada o modelo de declaración responsable e autorización no caso dos menores.
Recollida de dorsais e acreditación
Os dorsais serán entregados ao/á adestrador/a responsable de cada club. Deberá de presentar as declaracións responsables dos/as deportistas para a súa acreditación e poder acceder á instalación.
Normas xerais
- Será obrigatorio o control de temperatura con termómetro ao entrar na instalación. Si se detecta temperatura superior a 37,5ºC, realizarase unha segunda toma 5 minutos despois. En caso de superar a temperatura anterior non se permitirá o acceso.
As bolsas deixaranse de acordo ao protocolo COVID FEGATRI, no lugar habilitado sen contacto entre elas
MÁSCARAS.- Os/as deportistas utilizarán as súas propias máscaras e no momento que indiquen os cronometradores/oficiais antes de entrar á auga depositaranas na súa funda hixiénica. Volverán colocalas inmediatamente ao saír da auga
NATACIÓN E USO DA INSTALACIÓN DA PISCINA
- Será obrigatorio manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 m en todo momento.
- Será obrigatorio o uso de máscara en todo momento, e en todo o recinto, salvo durante a práctica deportiva.
* Os/as participantes só quitarán a máscara no momento xusto antes de entrar na auga, tanto no quecemento coma na competición e gardarana na funda/bolsa persoal que levarán a tal efecto. Ningunha máscara pode tirarse ao chan, nin se poderá entregar a outra persoa ou deixalas sen a funda hixiénica correspondente.
- Será obrigatorio o uso de chanclas en todo momento, non se permitirá acceder á praia de piscina a ninguén que non leve chanclas.
-Evitar lugares concorridos, grupos , saúdos ou contacto físico
* Unha vez finalizada a proba, ao saír da auga, os participantes deberán poñer inmediatamente a súa máscara. Será obrigatoria a súa utilización en todo momento e durante o tempo de circulación entre espazos comúns.
- Todos os/as técnicos, oficiais/cronometradores e demais membros da organización acreditados, deberán levar posta máscara e recoméndase bote de xel hidroalcohólico propio. En todo caso lavado/hixiene frecuente de mans.
- O aforo do vestiario está limitado polo que o seu uso non será para outro fin que o propio, de acordo ao protocolo da instalación e durante o tempo imprescindible..
- Os/as participantes presentaranse na cámara de saída unha serie antes da súa mantendo en todo momento a distancia de seguridade e a máscara posta.
-
- A máscara deberá quitarse y porse mirando cara o vaso da piscina e nunca mirando cara os/as cronometradores/as.
- Ao finalizar a primeira proba (100m) os/as nadadores abandonarán a praia da piscina, dirixíndose directamente ao vestiario e posteriormente sairán da instalación.. Manter en todo momento a distancia de seguridade.
Os/as deportistas, en ningún caso poderán quedarse dentro unha vez finalizada a proba de natación.
- Haberá un sentido de circulación único na praia da piscina que se indicará ao comezo da proba.
CARREIRA A PÉ
Uso e retirada de máscaras
os/as deportistas retirarán a máscara no momento que o indique o cronometrador/ oficial e levarana consigo, colocándoa de novo inmediatamente despois de cruzar a liña de meta.
Obrigatorio para deportistas manter a distancia interpersoal de 1,5m. en todo momento ou serán sancionados/as de acordo ao protocolo COVID.
Procedemento de saídas,
Saída escalada, cun máximo de 10 corredores saíndo cada 20” (vinte segundos) , cada un dende o seu caixón de saída, e cunha separación lateral de 1,5 metros entre corredores. (As series e horarios estableceranse unha vez pechada a inscrición)
Dez minutos antes do comezo da saída, os/as deportistas iranse ordenando por dorsal na cámara de chamadas, mantendo sempre a distancia de seguridade, e irán avanzando cara os caixóns de pre-saída segundo o vaian indicando os/as cronometradores e persoal de organización. Ao entrar no caixón de pre-saída, cando o/a cronometrador/a o indique, os/as deportistas poderán quitar a máscara.
Chegada á meta
unha vez que os/as deportistas pasen a liña de meta, dirixiranse, sen pararse, á zona próxima de post-meta, onde deberán colocar a máscara, e pasarán a avituallarse e saír da zona de post-meta
Todo o procedemento farase nun único sentido de circulación, e mantendo sempre a distancia de seguridade co resto de deportistas e persoal da proba.
A competición levarase a cabo segundo as condicións do protocolo Covid-19 da FEGATRI vixente.
No Complexo Deportivo da Piscina Municipal de Porto do Son, non haberá asistencia de público e non se excederá o aforo en 100 persoas, para o cal se establecerán as quendas necesarias, unha vez pechada a inscrición.