Más información
NADA E CORRE CONCELLO DE RIBEIRA
(ZONA 3: Ribeira, Pontevedra, Ourense)
REGULAMENTO
Concello de Ribeira
Secretaría Xeral para o Deporte Protección Civil de Ribeira
Federación Galega de Triatlón e Pentatlón moderno. Deputación da Coruña
Domingo 3 de Novembro do 2024 a partir das 10:00.
Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira
. Natación na piscina “María Vilas”
. Carreira na pista de atletismo “Ana Peleteiro”
Os dorsais e as series de natación serán entregadas ao/á adestrador/a responsable de cada club ou a nai/pai no caso de que o deportista non sexa de ningún club. Entregaranse na Secretaría da competición de 9:00 a 9:45 o día da proba.
A comunicación de non presentados farase no momento da recollida de dorsais.
Quecemento da natación a partir das 9:00
Quecemento da carreira a pé a partir das 12:00
DISTANCIAS
PREBENXAMÍN- 25m.- 10:00 h./ 250m. 12:30 h.
BENXAMÍN-50m.- 10:15 h./ 500m. 12:45 h.
ALEVÍN- 100m.- 10:30 h./ 500m. 13:00 h.
INFANTIL- 200m.- 11:00 h./ 1000m. 13:15 h.
CADETE- 300m.- 11:15 h./ 1500m. 13:30 h.
Entrega de premios as 14:00
os horarios son aproximados, poden xurdir variacións polo desenvolvemento da propia competición.
Medallas para os 3 primeiros clasificados individuais por categoría e sexo.
Medallas para os 3 primeiros clasificados inclusivos por categoría e sexo.
Apertura de inscricións o Martes 22 de Outubro as 10:00 Peche de inscricións o Luns 28 de Outubro as 11:59
Para poder validar a inscripción na proba, será obligatoria a introducción dos tempos de natación, na distancia correspondente, para a elaboración das series (formato 0000 – minutos e segundos seguidos)
Formalizarase a través da páxina web www.fegatri.org, dentro do apartado https://fegatri.org/inscricions/, accedendo á proba de referencia e cubrindo os datos solicitados en cada caso.
A inscrición realizarase en liña, a través da páxina web www.fegatri.org, dentro do apartado https://fegatri.org/inscricions/, accedendo á
proba de referencia e cubrindo os datos solicitados. Para validar a inscrición é imprescindibleo envío da copia do DNI en vigor e o formulario de autorización
de protección de datos a través da plataforma co DNI de quen autorice a mesma. Custe da licenza de 1 día de 6 euros.
Cada club deberá designar una persoa técnica/delegada, con licenza federativa que será o/a responsable do Club fronte a calquera incidencia da competición. A
inscrición realizarase a través da plataforma de inscricións, no apartado de acreditacións.
Estas deben ser comunicadas a FEGATRI antes das 14:00 do mércores anterior a proba, 30 de novembro do 2023. As baixas non comunicadas en prazo serán penalizadas con 2 euros.
Non se admitirán inscricións incompletas ou fóra de prazo. No caso de inscricións incompletas (falta de documentación) rematado o prazo de inscrición, estas
serán anuladas.
A lista definitiva de persoas inscritas publicarase na páxina web da FEGATRI o xoves anterior a proba.
A cronometraxe será manual .
As persoas participantes contarán co correspondente seguro deportivo.
http://fegatri.org/seguro-deportivo/
A proba rexerase polas normativas e regulamentos vixentes da Federación Galega de Tríatlon e P.M. e da Federación
Española de Tríatlon: http://fegatri.org/regulamento -deportivo
Segundo o procedemento de reclamación/apelación probas FEGATRI http://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/05/Procedemento-de-Reclamacion-Apelacion-probas-da-FEGATRI.pdf