Más información
A Peña Cicloturista Castro Barbudo, en adiante Peña, coa colaboración do Concello de Rianxo, en adiante Concello, organiza a X Marcha BTT Concello de Rianxo e simultaneamente a VI Andaina da Marcha BTT, que se celebrarán o día domingo, 12 de febreiro de 2023 con saída e chegada no recheo do porto de Rianxo. A saída darase ás 09:00 h. A hora de remate de cada proba virá marcada polo percorrido elixido.
A actividade encádrase como proba de Cicloturismo-BTT/Andaina, que implica un exercicio físico con fins de ocio, turístico ou cultural, polo que se exclúe expresamente a competición. As persoas participantes, coa súa inscrición, manifestan encontrarse fisicamente aptas para a actividade.
Todas as persoas inscritas serán consideradas como participantes en excursión persoal, polo que deben aterse ás normas do vixente código de circulación, e deberán responsabilizarse persoalmente das infraccións que cometan. Cabe resaltar que a circulación de vehículos e persoas non estará cortada, polo que as participantes deben extremar a precaución en cruces coas estradas e zonas habitadas.
A idade mínima para poder participar na BTT e na Andaina será de 18 anos. Aquelas que teñan entre 14 anos e 17 anos cumpridos, poderán participar cunha autorización asinada polo pai, nai ou titor/a, xunto cunha copia do DNI da persoa que a autoriza.
Non está permitido levar animais de compañía no transcurso da actividade.
DESCARGA DE TRACKS:
- RUTA LONGA:
- RUTA MEDIANA:
- RUTA CURTA: