Obxectivo: Promoción do tríatlon feminino.
Data: 25 e 26 de novembro de 2023
Nº Prazas: 20
Dirixido a: Deportistas con licenza en vigor de Tríatlon ou que tramiten licenza temporal de 1 día, maiores de idade e de calquera nivel.
Servizos
Aloxamento en Pensión completa e actividades de adestramento e ocio dirixidas por persoal técnico titulado e adaptadas a diferentes niveis.
Inscrición ata o domingo, 19 de novembro, ás 23:59
Prezos:
Deportistas con licenza galega tempada
20 €
Deportistas con licenza temporal de 1 dia
35 €
Deportistas con licenza de outras comunidades
45 €
As prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición con documentación completa