Más información
Convocatoria IV Encontro de Menores da II Edición do Programa Amazonas- Pereiro de Aguiar - (Ourense)
Obxectivo: Promoción do tríatlon feminino.
Data: 15 de novembro de 2020
Nº Prazas: 20
Dirixido a : Deportistas federadas, con licenza da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno
Lugar de Celebración:
Punto de Encontro- Parque Empresarial de Pereiro de Aguiar (Ourense)Enfronte de Embutidos “As Burgas”.
Inscrición e procedemento:
A inscrición será GRATUÍTA.
Prazo ata o xoves 12 de novembro ás 23:59 h.
- Inscrición reservada con preferencia a deportistas de clubs da provincia de Ourense ata as 14:00 h. do mércores 11 de novembro de 2020.
- O mércores, 11 de novembro ás 15:00 h. abrirase a inscrición ao resto de federadas de calquera provincia ata completar as prazas.
- As deportistas Junior e Alevín interesadas inscribiranse e a praza confirmarase segundo dispoñibilidade de vacantes
Ligazón acceso á inscrición
Outra información:
O encontro comezará ás 15:30 horas e finalizará ás 17:30 horas.
Traballaranse aspectos técnicos e tácticos de ciclismo, carreira e transicións.
As deportistas deberán acudir co material necesario para o desenvolvemento destas actividades.
Para calquera dúbida ou consulta, podes enviar un correo ao seguinte enderezo electrónico triatlonemuller@fegatri.org
Protocolo COVID19:
O evento desenvolverase de acordo ao recollido no Protocolo preventivo fronte á COVID19 da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte. Coa inscrición no evento adquírese o compromiso individual de lectura e cumprimento do mesmo.
https://fegatri.org/wp-content/uploads/2020/08/20200814_PROTOCOLO-COVID-FEGATRI_definitiva_FEGATRI_SXD-1.pdf
RESPONSABLE TÉCNICA DO ENCONTRO.
Marta Barbeito Domínguez (Adestradora Responsable do Programa Amazonas da Federación Española de Tríatlon.)