I ENCONTRO MENORES -PROGRAMA AMAZONAS 2020 (OUTEIRO DE REI)

Inscripciones no activas

Datos básicos

  • Cuándo: Desde el sábado, 7 de noviembre de 2020 a las 16:00 hasta el sábado, 7 de noviembre de 2020 a las 18:00
  • Lugar: OUTEIRO DE REI
  • Población: OUTEIRO DE REI
  • Provincia: Lugo
  • Fechas de inscripción: Del 02/11/2020 a las 14:00 al 05/11/2020 a las 23:59

Tarifas

Días
Horas
Minutos
Segundos

Documentación

declaración responsabilidade individual menores.pdf

Contacto

Más información

 

I Encontro de Menores da II Edición do Programa Amazonas- Outeiro de Rei - (Lugo)

  Dirixido a :    Deportistas federadas, con licenza da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno

Inscrición e procedemento:

 A inscrición será GRATUÍTA.

Prazo ata o xoves, 5 de novembro ás 23:59 h.

  • Inscrición reservada con preferencia a deportistas de clubs da provincia de Lugo ata as 14:00 h. do  martes 3 de novembro de 2020.

 

  • O martes, 3 de novembro ás 15:00 h. abrirase a inscrición ao resto de federadas de calquera provincia ata completar as prazas.

 

Para calquera dúbida ou consulta,  podes enviar un correo ao seguinte enderezo electrónico  triatlonemuller@fegatri.org

 

 

DESCARGO DE RESPONSABILIDADE COVID19

A crise sanitaria do COVID-19 fai necesaria a adopción dunha serie de medidas tendentes a cumprir os protocolos marcados polas autoridades sanitarias. O establecemento e cumprimento das citadas medidas require dunha serie de compromisos e formas de actuación por parte, fundamentalmente, de organizadores e participantes. A lectura e aceptación do presente documento é condición indispensable para tomar parte nas competicións da FEGATRI

1.-Que a persoa que formaliza a inscrición é coñecedora do protocolo e guía actualizada, publicada polas federacións Española e Galega de Tríatlon  (https://fegatri.org/covid-19/) en relación coa presenza e participación en probas deportivas xerado con ocasión da crise sanitaria do COVID 19.

2.- Que se compromete a cumprir todas as esixencias ou simples recomendacións que conteña tal protocolo ou guía así coma as instrucións que sexan dadas polas autoridades deportivas ou persoal de organización presentes na competición en relación coas medidas para evitar contaxios por COVID 19

3.- Que se compromete a non acudir nin tomar parte no evento ou competición no caso de que padecese síntomas que  puidesen ser compatibles co contaxio do COVId-19. O anterior resultará extensivo, igualmente, aos casos en que os síntomas fosen sufridos por terceiros con quen a persoa participante teña ou tivera un contacto do que obxectivamente puidese derivarse un contaxio.

4.- Que no caso de estar ou ter estado contaxiado polo virus do COVID-19, se compromete a non acudir nin tomar parte no evento ou competición en tanto en canto as autoridades sanitarias non manifesten que a participación non entraña un risco, ben para a súa persoa, ben para o resto de asistentes cos que puidese ter un contacto .

5.- Que cos medios ao seu alcance, e en todo caso cando se tivesen dado circunstancias que o aconsellen, se someteu aos test existentes para comprobar se está ou estivo contaxiado polo COVID-19

6.- Que é coñecedor/a e acepta e asume que , no actual estado, existe un obxectivo de risco de contaxio de COVID-19 coas consecuencias que disto se puideran derivar para a súa persoa en termos de saúde ou problemas que, incluso, puidesen ocasionarlle a morte.

7.- Que acepta que a Federación e organización adopten as medidas que se indican no protocolo e guía que publicados en aras a establecer un razoable escenario de seguridade na competición. En tal sentido, faise constar que a Federación, no curso da competición, poderá adoptar as medidas e decisións que sexan precisas en relación co establecemento ou aplicación das medidas e decisións que sexan precisas en relación co establecemento ou aplicación das medidas que se conteñen no seu protocolo e guía publicada ou cales queira outras que tivesen por finalidade dotar á proba dun entorno seguro en termos de evitar o contaxio por COVID 19

8.-Que en caso de resultar contaxiado por COVID-19, o/a participante exonera á Federación e organización de calquera responsabilidade en relación cos posibles danos ou prexuízos que puidesen derivarse para a súa persoa.

9.- Que o/a participante acepta que cando se chegase a adoptar medidas e decisións por parte da Federación co obxectivo de preservar a saúde das persoas no curso da competición non se poderán considerar incumpridas as obrigas esenciais do organizador, polo que non se poderá esixir o pagamento de cantidades, indemnizacións, ou devolución de prezos ou importes en concepto de inscrición ou dereitos de participación ou custes nos que tivese incorrido o/a deportista e /ou o seu club.

10.- Que o/a participante acepta que si se amosase pola súa parte unha conduta ou comportamento de inobservancia ou incumprimento das ordes e instrucións do persoal de organización en relación coas medidas de seguridade para evitar contaxios por COVID-19, poderá ser excluído/a ou descualificado/a do evento por decisión de quen actúe como autoridade deportiva (xuíz/a-arbitro/a ou delegado/a Técnico/a)

11.- Que o/a participante acepta que as medidas de carácter deportivo expostas no apartado anterior se entenden sen prexuízo doutras responsabilidades que aquel ou aquela puidese chegar a asumir ante as autoridades competentes( incluídos os órganos disciplinarios federativos) como consecuencia dunha conduta ou comportamento de inobservancia ou incumprimento das ordes e instrucións que sexan de aplicación, ben no ámbito deportivo-federativo, ben noutros ámbitos diferentes.