Más información
CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE DÚATLON DE ESTRADA
NARÓN, 20 de decembro de 2020
INSCRICIÓNS
Prezo: 16 €uros
1º Prazo- Só Prazas outorgadas por clasificación e invitacións ( puntos 1, 2, 3)
Ata as 23:59 do venres 11 de decembro de 2020
***Os clubs enviarán listado coas persoas a quen outorgan as invitacións dos puntos 1 e 3 a fegatri@hotmail.com (tal e como estaba establecido regulamentariamente, antes do remate do 1º prazo de inscrición) e inscribirán aos/ás deportistas na plataforma de inscricións
|
2º Prazo- Prazas vacantes
Do luns, 14 de decembro, as 00:00 h. ata o martes 15 de decembro ás 23:59 h.
3º Deportistas que no tengan licencia gallega, y no pertenezcan a un club que abone derechos de circuíto en 2020.- deberán enviar solicitud de invitación, que descargarán en el enlace https://fegatri.org/wp-content/uploads/2020/02/OTRAS-COMUNIDADES.pdf
El miércoles, 16 de diciembre, se les confirmará si quedaron plazas y si se les otorga invitación.
Deberán inscribirse ese mismo miércoles antes de las 14:00 h.
PROCEDEMENTO DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS
O Campionato galego de Dúatlon de Estrada 2020 atenderá ao seguinte:
- Disputaranse dúas carreiras separadas, unha masculina e outra feminina. Limitadas cada unha a 100 participantes.
- A inscrición nas probas distribuirase do seguinte xeito, so para federados/as e priorizando aos federados/as con licenza galega ou de clubs galegos que aboaran Dereitos de circuíto.
- As prazas na proba feminina seguirán o establecido no regulamento FEGATRI 2020. Garantindo a praza ás deportistas que estivesen clasificadas na proba Clasificatoria de Circuíto disputada “I Duatlón de Moraña”, tal e como estaba establecido así como as invitacións para os clubs 2019. O resto outorgaranse por orde de inscrición atendendo ás prioridades establecidas no punto anterior.
- As prazas na proba masculina outorgaranse segundo o establecido a continuación:
- Invitacións establecidas regulamentariamente segundo a clasificación dos clubs no campionato Galego de Dúatlon de Estrada 2019 .
CAMPIONATO GALEGO DE DUATLON MASCULINO
|
INVITACIÓNS POR CLASIFICACIÓN 2019
|
T. ARCADE INFORHOUSE
|
3
|
CIDADE DE LUGO FLUVIAL
|
3
|
T. COSTA DA MORTE
|
3
|
T. MOTOBIKE-POIO-GALAICO
|
2
|
OLIMPICO DE VEDRA
|
2
|
TRIPENTA TERRAS DE LUGO
|
2
|
T. COMPOSTELA
|
1
|
CC MUROS
|
1
|
T. FERROL
|
1
|
T. VILAGARCIA
|
1
|
TOTAL INVITACIÓNS
|
19
|
TOTAL PRAZAS A REPARTIR
|
81
|
- 30 primeiros clasificados da saída B “Rápida” da proba de Circuíto celebrada “I Dúatlon Concello de Moraña” segundo estaba establecido regulamentariamente
- 1 invitación para cada club ou independente que tivese aboado o circuíto 2020
- O resto de prazas cubriranse por orde de inscrición. Abrirase un período para esta inscrición ata o venres da semana anterior á proba. No caso de que non se cubran as prazas, estas abriranse o luns seguinte e serán completadas por orde de inscrición na plataforma.
- Todos/as deportistas puntuarán na clasificación para o club ao que pertenzan
Baixas e política de Devolución
As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a través do correo electrónico fegatri@hotmail.com, antes do remate do prazo de inscrición. Unha vez pechado o prazo non se fan devolucións.
As devolucións das baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas na semana seguinte á celebración da proba.
No caso de inscricións incompletas (falta de documentación) rematado o prazo de inscrición. Estas serán anuladas e non se farán devolucións.