II DUATLON CROS DE CERDEDO-COTOBADE

Inscripciones no activas

Datos básicos

  • Cuándo: Lunes, 6 de diciembre de 2021 a las 10:00
  • Lugar: CABALLEDO
  • Población: COTOBADE
  • Provincia: Pontevedra
  • Fechas de inscripción: Del 24/11/2021 a las 16:00 al 03/12/2021 a las 14:00

Tarifas

Días
Horas
Minutos
Segundos

Contacto

Más información

II DÚATLON CROS CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE

 

PROBA DO CIRCUÍTO GALEGO DE DÚATLON CROS 2021

Proba aberta a Licenza temporal de un día e federados da FGC

 

DESENVOLVIDA BAIXO O PROTOCOLO FISICOVID-DXT DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON VIXENTE, CERTIFICADO POLA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE

 

https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/11/Modificacion-PROTOCOLO-COVID-FEGATRI_FEGATRI_SXD-05112021.pdf

 

 

REGULAMENTO

 

Organiza:

  • Concello de Cerdedo-Cotobade

Contacto: deportes@cerdedo-cotobade.gal , 661 74 00 07

  • Trialtón PC Rías Baixas

Contacto: quique@triatlonpcriasbaixas.com , 686 71 81 75

  • Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno

Contacto: comitedeportivo@fegatri.org, 669 13 01 50

 

Patrocina:

Concello de Cerdedo-Cotobade

 

Colaboran:

Deputación Provincial de Pontevedra

Protección Civil

Secretaría Xeral para o Deporte

ChampionChip Norte

 

 

Datas e horarios das carreiras:

Luns 6 de decembro de 2021.

Comezo da proba: 11:00h.

  • Saída masculina: 11:00h
  • Saída feminina:   11:05h

 

Finalización da proba aproximadamente ás 13:15 h. Entrega de premios, a partir das 13:30 h.

 

 

Distancias:

Estándar (categorías de Junior en diante): 5,8 km de carreira a pé (2 voltas) – 18 km en bicicleta BTT (3 voltas) – 2,9 km de carreira a pé (1 volta).

 

Percorrido, tanto de carreira coma de bicicleta, un 30% asfalto e un 70% camiños e pistas agrícolas de terra.

 

Proba de dificultade técnica baixa e dificultade física media, que poden verse incrementadas en función das condicións meteorolóxicas.

 

Saída, transición e meta:

Praza de A Chan, Carballedo, Cerdedo-Cotobade.

   Coordenadas 42°28'22.8"N 8°28'50.7"W  (42.472993, -8.480736).

 

Normativas Xerais:

Segundo se recolle no protocolo FISICOVID-DXT para prevención da propagación da COVID-19,  citado na cabeceira deste regulamento, é de obrigado cumprimento para todas as persoas da proba, o seguinte:

  • Manter a distancia interpersoal de 1.5 m en todo momento, antes, durante e despois da práctica deportiva.
  • Uso de máscara en todo momento, coa única excepción do momento da práctica deportiva.
  • Evitar lugares concorridos, aglomeracións de persoas ou saúdo con contacto físico.
  • Non acudir á proba se presentan síntomas compatibles coa COVID-19, febre ou contacto estreito recente con positivos.

 

En caso de detección, ou auto detección, de sospeita de COVID-19 no entorno da proba, seguiranse as directrices establecidas no punto 4.3 do protocolo FEGATRI.

 

Infórmase aos/ás deportistas de máis de 60 anos de que existe un maior risco de consecuencias graves en caso de contaxio e recoméndase unha maior toma de medidas preventivas pola súa parte.

 

Procedemento de saídas:

Dez minutos antes do comezo da saída, os e as deportistas iranse ordenando por dorsal na cámara de chamadas, mantendo sempre a distancia de seguridade, e irán avanzando cara os caixóns de pre-saída segundo llo vaian indicando os oficiais.

Xusto antes de entrar nos caixóns de pre-saída, cando os/s oficiais de saída así o indiquen, os/as participantes poderán quitar a máscara e desbotala no contedor habilitado nese punto a tal efecto.

 

Acreditación:

Para acreditarse, os/as deportistas deberán presentar, ademais do DNI ou documento oficial con foto, a certificación  de ter a pauta completa de vacinación COVID, ou ben unha certificación negativa dun test COVID de antíxenos ou PCR que deberán ter realizado entre 72 e 24 horas antes da saída.

 

 

Chegada a Meta:

Unha vez que os/as participantes pasen a liña de meta, dirixiranse, sen pararse, á zona próxima de pos-meta, onde primeiramente faráselles entrega dunha máscara que deberán colocar inmediatamente antes de continuar, depositarán os seus chips nos recipientes habilitados (se non son en propiedade) e pasarán a avituallarse e saír da zona de pos-meta. Todo o procedemento farase nun único sentido de circulación, coa máscara colocada adecuadamente e mantendo sempre a distancia de seguridade co resto de deportistas e persoal da proba.

 

 

Recollida de dorsais e chips de cronometraxe:

Na carpa da organización o día da proba, dende as 9:15 ata media hora antes de cada saída. En función do número de inscritos, e de filas de recollida de dorsais, poderanse establecer tramos horarios de recollida ordenados por dorsal de cara a evitar aglomeracións. Ditos tramos serían publicados con antelación na páxina web do evento. Así mesmo, manterase sempre un fluxo único de movemento de deportistas para recoller o dorsal, co fin de facilitar o cumprimento das distancias de seguridade.

 

Cronometraxe con Chip amarelo en propiedade ou aluguer:

Haberá cronometraxe championchip. Será obrigatorio o uso do chip amarelo Championchip. Os/as participantes quen non teñan en propiedade o chip amarelo deberán indicalo no correspondente apartado da inscrición e aboarán unha fianza de 25 € a través da TPV. O/a deportista poderá quedarse co chip en propiedade, se así o desexa, ou ben  seranlle devoltos 23€ (-2€ de aluguer), comprobada a devolución do mesmo, na semana seguinte á celebración da proba na mesma tarxeta. A devolución do chip sen a tobillera leva consigo unha penalización de 3 €, co cal soamente lle serán devoltos ao/á deportista 20€. Non se disporá de chips de aluguer o día da proba.

 

Igualmente, a organización poderá requirirlle aos/ás participantes a devolución da placa dorsal de bicicleta unha vez rematada a proba.

 

Gardarroupa:

Suprímese o servizo de gardarroupa, e permítese unha soa bolsa por deportista a deixar na transición dentro da bolsa entregada pola organización, no espazo asignado para cada deportista ou na súa cesta se a houbera. Esta bolsa será entregada pola organización xunto co dorsal. O deportista garda todas as súas cousas nesa única bolsa, e queda na transición.

 

Avituallamentos:

Avituallamento líquido no segmento de carreira a pé, e avituallamento líquido e sólido na zona de pos-meta. Procedemento de avituallamento segundo se recolle no protocolo COVID-19 da FEGATRI.

 

Reunión técnica:

Publicarase online o xoves antes da proba, na páxina web da FEGATRI, toda aquela información técnica que non veña xa recollida neste regulamento.

 

Control de material:

OBRIGATORIO PRESENTAR LICENZA OU D.N.I.

Dende as 9:45h ata as 10:45h, na zona de transición.

 

Seguirase o procedemento recollido no protocolo COVID-19, facendo un control de material preferentemente ordenado por dorsais. Os/as oficiais realizarán unha toma de temperatura a cada participante durante o control de material, e non se permitirá a participación a calquera deportista que supere a temperatura de 37,5º na segunda toma.

 

Dentro da transición, segue sendo obrigatorio en todo momento o uso da máscara e manter a distancia de seguridade. Haberá un solo fluxo de movemento de entrada e saída na transición.

 

Premios:

Trofeos para os tres primeiros clasificados/as nas categorías junior, absoluta e  veterana, feminina e masculina.

 

A entrega de premios será feita seguindo os procedementos indicados no protocolo COVID-19.

 

En caso de non poder estar na entrega de premios debe informarse a Delegada Técnica ou Xuíz Árbitro.

 

"Art.8.6 Regulamento de Competición FEGATRI.- Aquel/a deportista ou club que non estea presente na chamada ao podio será sancionado con 25 e 50 euros respectivamente e non poderá participar nas seguintes probas ata o seu abono"

 

Normas de competición:

A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición das Federacións Galega e Española de Tríatlon, e baixo estrito cumprimento do Protocolo FISICOVID-DXT para prevención da propagación da COVID-19 da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon moderno.

 

Segundo se recolle nese protocolo, incumprir, en calquera momento, as normativas de seguridade do protocolo COVID-19 por parte de calquera deportista leva consigo unha penalización de advertencia e corrección á primeira infracción, e de descualificación á segunda.

 

Inscricións:

Ata o martes día 30 de Novembro.

 

A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado  Regulamentos/Inscricións.

O abono da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV.

 

Prezo:

15€

 

Deportistas con licenza de Tríatlon en vigor 2021:

CLUBS.- Accederán a través do apartado competicións, picando na pestana Regulamentos/Inscricións e accedendo  á carreira de referencia.  Una vez que se accede á carreira picarase na ligazón INSCRICIÓN, e introducirase o código do club (o código a utilizar é o mesmo que o do programa de licenzas).

DEPORTISTAS INDIVIDUAIS.- Deberán introducir o seu número de licenza e a data de nacemento.

 

Deportistas sen licenza de triatlón en vigor ( Licenza Temporal de  1 día):

Unha vez no apartado COMPETICIÓNS picarase en REGULAMENTOS/INSCRICIÓNS para acceder á carreira. Dentro da Carreira picarase na ligazón  INSCRICIÓN e introduciran os datos.

Custe seguro de 1 día de 12 €. A organización subvencionará 9 € do custe do seguro dun día, co que o deportista só abona a cantidade de 3 € nese concepto. Total pagamento 18€.

 

Deportistas con licenza na Federación Galega de Ciclismo - Licenza T. de 1 dia:

Custe seguro de 1 día de 2,20€+ 15€ Inscrición. Total pagamento 17,20€.

 

Imprescindible, para que a inscrición de calquera Licenza/seguro de 1 dia  sexa válida, enviar a copia do DNI en vigor  e documento de protección de datos á Federación Galega de Tríatlon  a través da plataforma de inscrición.

 

Baixas e política de Devolucións:

As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a través do correo electrónico fegatri@hotmail.com, antes do remate do prazo de inscrición. Unha vez pechado o prazo  non se fan devolucións.

As devolucións das baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas na semana seguinte á celebración da proba.

No caso de inscricións incompletas (falta de documentación) rematado o prazo de inscrición. Estas serán anuladas e non se farán devolucións.

 

PUBLICACIÓN LISTAS DE INSCRITOS:

Publicación lista provisional: o xoves anterior á proba publicarase a lista provisional de inscritos (esta admite reclamacións cando na listaxe  se da algún erro debido ao  manexo dos datos na Federación,  por exemplo, baixas solicitadas en tempo que non aparecen dadas no listado, ...). É moi importante revisar este listado para ter opción a reclamar se hai algún erro no mesmo. Publicación lista definitiva: o venres anterior á proba publicarase a lista definitiva (esta é firme e xa non admite cambios).

 

 

Limitado a 150 participantes por rigorosa orde de inscrición

 

Listaxe de agarda:

Esgotadas as prazas abrirase unha lista de espera que se xestionará diariamente, por orde de inscrición, segundo as vacantes que se vaian producindo e ata o remate do prazo de inscrición. Comunicarase ao/á participante correspondente, da lista de espera, por correo electrónico a vacante, dándolle prazo para formalizar a inscrición ata as 14.00 h do mesmo día. A última incorporación será feita o 1 de decembro ás 14.00 h.