COPA EUROPA QUARTEIRA-PROGRAMA TECNIFICACION E RENDEMENTO GRUPO DE INTERÉS FEDERATIVO 2024

Inscripciones cerradas

Datos básicos

  • Cuándo: Sábado, 23 de marzo de 2024 a las 14:00
  • Lugar: Quarteira
  • Población: Quarteira
  • Provincia: Faro
  • Fechas de inscripción: Del 20/02/2024 a las 0:00 al 23/03/2024 a las 23:00

Tarifas

Días
Horas
Minutos
Segundos

Contacto

FEGATRI

Más información

Circular da Dirección Deportiva de 20/02/2024

Convocatoria solicitude participación no Programa de Tecnificación e Rendemento FEGATRI para acudir a

 COPAS CONTINENTAIS E DO MUNDO 2024

 

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno dentro do programa de  tecnificación e rendemento 2024, ten establecido o apoio a deportistas con licenza galega pertencentes a clubs galegos de interese federativo, que non adestren en centros oficiais de tecnificación ou alto rendemento fóra de Galicia, para a súa promoción deportiva nacional e internacional.

Conforme ao anterior e co gallo da celebración da Copa de Europa de Quarteira (Portugal), o próximo 22-23 de marzo de 2024,  ábrese prazo de solicitude para acceder á colaboración anterior para  deportistas que estén aceptados/as na lista de inscrición de dita Copa de Europa a través deste programa.

Condicións Programa Tecnificación- (Selección Galega Copa de Europa de Quarteira):

A FEGATRI asumirá  os seguintes custes:

  • Viaxe Pontevedra-Quarteira (ida e volta),
  • Saída 22 de marzo e regreso 24 de marzo
  • Manutención e Aloxamento 22 e 23 de marzo


O/A Deportista farase cargo dos seguintes custes a través da formalización da inscrición no  programa para o evento de referencia:

  • Desprazamento ata Pontevedra (ida e volta)
  • Inscrición na proba e participación con tritraxe oficial
  • Tritraxe oficial World Triathlon da FEGATRI
    • Contacto: Adrián ( Responsable de menores)
    • 646.609.171
    • menores@fegatri.org
    • Ultimo dia para solicitar o Tritraxe: 28/02/23
    • Formalización da solicitude a través da plataforma de inscricións para deportistas que non teñan o tritraxe da FEGATRI e desexen xestionalo 57,44 €  a través de TPV. Deportistas que xa partipasen en probas internacionais representando á FEGATRI terán bonificado o 100%

O acceso a esta colaboración SERÁ INCOMPATIBLE coa solicitude e recepción de axudas para deportistas galegos/as  para a súa participación en probas internacionais en 2023.

Coa inscrición e abono aceptanse as condicións de xestión e participaciónanteriores e non procede  devolución.