COPA EUROPA QUARTEIRA-PROGRAMA TECNIFICACION E RENDEMENTO GRUPO DE INTERÉS FEDERATIVO

Inscripciones no activas

Datos básicos

  • Cuándo: Sábado, 25 de marzo de 2023 a las 14:00
  • Lugar: Quarteira
  • Población: Quarteira
  • Provincia: Faro
  • Fechas de inscripción: Del 22/02/2023 a las 0:00 al 23/03/2023 a las 23:00

Tarifas

Días
Horas
Minutos
Segundos

Contacto

Más información

Circular da Dirección Deportiva de 22/02/2023

Convocatoria solicitude participación no Programa de Tecnificación e Rendemento FEGATRI para acudir a

 COPA DE EUROPA DE QUARTEIRA 2023

 

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno dentro do programa de  tecnificación e rendemento 2023, ten establecido o apoio a deportistas con licenza galega pertencentes a clubs galegos de interese federativo, que non adestren en centros oficiais de tecnificación ou alto rendemento fóra de Galicia, para a súa promoción deportiva nacional e internacional.

Conforme ao anterior e co gallo da celebración da Copa de Europa de Quarteira (Portugal), o próximo 25 de marzo de 2023,  ábrese prazo de solicitude para acceder á colaboración anterior para  deportistas que estén aceptados/as na lista de inscrición de dita Copa de Europa a través deste programa.

Condicións Programa Tecnificación- Selección Galega Copa de Europa de Quarteira:

A FEGATRI asumirá  os seguintes custes:

  • Viaxe Pontevedra-Quarteira (ida e volta),
  • Saída 24 de marzo e regreso 26 de marzo
  • Manutención e Aloxamento 24 e 25 de marzo

 

O/A Deportista farase cargo dos seguintes custes a través da formalización da inscrición no  programa para o evento de referencia:

  • Desprazamento ata Pontevedra (ida e volta)
  • Inscrición na proba
  • Tritraxe oficial World Triathlon da FEGATRI
    • Contacto: Adrián ( Responsable de menores)
    • 646.609.171
    • menores@fegatri.org
    • Ultimo dia para solicitar o Tritraxe: 28/02/23
  •  

Formalización da solicitude a través da plataforma de inscricións co abono   do importe correspondente á xestión do tritraxe da FEGATRI que sería de 57,44 €  a través de TPV.

O acceso a esta colaboración SERÁ INCOMPATIBLE coa solicitude e recepción de axudas para deportistas galegos/as  para a súa participación en probas internacionais en 2023.

Coa inscrición e abono aceptanse as condicións de xestión e participaciónanteriores e non procede  devolución.