COPA DEPUTACION ACUATLON CASTRELO DE MIÑO 2024

Inscripciones cerradas

Datos básicos

  • Cuándo: Sábado, 21 de septiembre de 2024 a las 16:45
  • Lugar: CASTRELO DE MIÑO
  • Población: s/n, Rúa Alejandro Ferrer, Cortiñas
  • Provincia: Ourense
  • Fechas de inscripción: Del 03/09/2024 a las 10:00 al 18/09/2024 a las 10:00

Tarifas

Días
Horas
Minutos
Segundos

Contacto

Más información

ACUATLÓN CASTRELO DE MIÑO 2024

Copa Deputación Acuatlón

  • ORGANIZA:

Club Natación Pabellón Ourense

  1. Persoas de contacto:

    1. Santiago Escudero (TEL.: 666 330 104)

  1. Jose Manuel Fernández (TEL.: 661 942 796) Email: triatlon@cnpourense.es

  2. Federación Galega de Triatlón

  • COLABORA:

Concello de Castrelo de Miño Deputación de Ourense Inorde

Club Náutico Castrelo de Miño

  • DATA, HORA E LUGAR:

Sábado 21 de Septiembre de 2024 Horario: a partir das 17:00 h.

Club Náutico de Castrelo de Miño

Ubicación: https://goo.gl/maps/pbsr2Gh2nRiYiZj56

  • PARTICIPANTES

Nesta proba poderán participar:

  1. Deportistas con licencia de Tríatlon.

  1. Aquelas persoas que fagan licenza temporal de un día (custo licenza temporal 1 día-20 €/6 € menores)

Categorías: Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Júnior, Absoluta,Veterán.

  • HORARIOS*:

As probas darán comezo ás 16:45.

A partiresdas 15:30 horas, entregarase a documentación correspondente aos equipos (dorsais, planos circuítos, etc) ata 15 min. antes de cada proba. Os participantes deberán estar 10 min. antes na cámara de chamadas.

  • CONTROL DE MATERIAL: ata 15min antes de cada proba.

  • NORMATIVAS:

A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición das Federacións Galega e Española de Triatlón

  • INSCRICIÓNS:

Ata o martes 17 de Setembro as 23;59 h. Limitado a 150 participantes

Non se admitirán inscricións incompletas ou fóra de prazo. Todas serán confirmadas na web. A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Regulamentos/Inscricións.

O abono da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV Prezo

inscrición: 15 € . Xuvenís e menores; gratuíta. As cotas veranse incrementadas co custe da licenza temporal para non federados


  1. Clubs.- Accederán a través do apartado competicións, picando en competicións/inscricións e accedendo á carreira de referencia. Unha vez que se accede á carreira picarase na ligazón “inscrición” e introducirase o código do club e contrasinal.

  1. Deportistas con licenza de tríatlon en vigor .- A inscrición realizarase online, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado competicións/inscricións. Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario. O pagamento da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV.

  1. Deportistas con licenza temporal de 1 día (non federados): A inscrición realizarase online, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado competicións/inscricións. Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario de deportistas con licenza temporal de 1 día. O abonamento da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV. (15,00+20€/0+6€ xuvenís e menores= 35,00€/ 6,00 € xuvenís e menores)

  • BAIXAS E POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS:

As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a través do correo electrónico fegatri@hotmail.com, antes do remate do prazo de inscrición. Unha vez pechado o prazo non se fan devolucións. As devolucións das baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas na semana seguinte á celebración da proba. No caso de inscricións incompletas, que non se axusten ao regulamento ou falta de documentación, rematado o prazo de inscrición serán anuladas e non se farán devolucións.

  • PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE PERSOAS INSCRITAS:

Publicación lista provisional: o xoves anterior á proba publicarase a lista provisional de persoas inscritas (esta admite reclamación cando na lista se dese algún erro debido ao manexo dos datos na federación, por exemplo, baixas solicitadas en tempo que non aparecen dadas na listaxe, …). É moi importante revisar esta listaxe para ter opción a reclamar se hai algún erro no mesmo.

Publicación lista definitiva: o venres anterior á proba publicarase a lista definitiva (esta é firme e non admite cambios).

  • OUTRAS NORMAS

Todos os aspectos non recollidos nestas normas serán regulados pola normativa oficial da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno e/ou Federación Española de Tríatlon, que se pode consultar na páxina web da federación: www.fegatri.org

Haberá entrega de medallas aos tres primeiros clasificados de cada categoría e xénero.

É recomendable consultar a normativa específica de cada proba.

  • SERVIZOS

  1. Cronometraxe será electrónica.

  2. Seguro de Responsabilidade Civil do Club Natación Pabellón Ourense.

  1. Seguros de accidentes deportivos FEGATRI https://fegatri.org/seguro-deportivo/

  1. Servizo de ambulancia durante a carreira.

  2. Voluntariado.


  • CIRCUITOS:


A ubicación do mesmo é no Club Náutico de Castrelo de Miño