CAMPUS MULLER E TRIATLON MANZANEDA

Inscripciones no activas

Datos básicos

  • Cuándo: Miércoles, 25 de agosto de 2021 a las 11:00
  • Lugar: MANZANEDA
  • Población: OURENSE
  • Provincia: Ourense
  • Fechas de inscripción: Del 05/08/2021 a las 0:00 al 19/08/2021 a las 23:59

Tarifas

Días
Horas
Minutos
Segundos

Contacto

Más información

Convocatoria I CAMPUS MULLER E TRÍATLON
Estación de Manzaneda- (Ourense)


Obxectivo: Promoción do tríatlon feminino.


Data: 25, 26 e 27 de agosto de 2021


Nº Prazas: 18


Dirixido a : Deportistas con licenza en vigor de Tríatlon, maiores de idade e de calquera nivel.


Servizos
Aloxamento en Pensión completa na estación de Manzaneda e actividades de adestramento e ocio dirixidas por técnicas tituladas e adaptadas a diferentes niveis. Seguindo o protocolo Fisicovid-DXT da FEGATRI


Prezos:
Deportistas con licenza galega- 50 €  (Subvención FEGATRI)
Deportistas con licenza de outras comunidades- 125€
Inscrición e procedemento:
Ata o 15 de agosto de 2021, ás 23:59

A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Regulamentos/Inscricións. O abono da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV

Accederase a través do apartado competicións, picando na pestana Regulamentos/ Inscricións e accedendo no calendario ao evento de referencia. Unha vez que se accede ao evento picarase na ligazón INSCRICIÓN, e deberase introducir o número de licenza e a data de nacemento.

Baixas e política de Devolucións:
As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a través do correo electrónico fegatri@hotmail.com, ata o 21 de agosto de 2021.
- Ata o 18 de agosto devolverase a cota de inscrición íntegra a través da tarxeta de abono.
- As baixas comunicadas do 19 ao 21 de agosto terán dereito á devolución do 50% da cota aboada a través da tarxeta de abono.
- A partir do 22 de agosto non procederá ningunha devolución.
As devolucións das baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas
na semana seguinte á celebración do evento.
* En caso de cancelación do evento devolverase a cota de inscrición íntegra na tarxeta de abono. Nin a Federación, nin a organización se fará cargo de ningún outro gasto que o/a deportista puidese ter realizdo con motivo da súa previsión de participación no evento.
Listaxe de agarda:
Esgotadas as prazas abrirase unha lista de espera que se xestionará diariamente, por orde de inscrición, segundo as vacantes que se vaian producindo ata o 23 de agosto.
Outra información:
 O Campus comezará o mércores 25 de agosto, ás 11:00 h. e finalizará o venres, 27 de agosto ás 19:30 h.
Será obrigatoria a presentación, por parte da deportista, dun test de antíxenos realizado dentro das 72 h. anteriores á presentación no campus.
 As deportistas deberán acudir co material necesario para o desenvolvemento destas actividades.
Para calquera dúbida ou consulta, podes enviar un correo ao seguinte enderezo electrónico triatlonemuller@fegatri.org