Más información
1ª CARREIRA VIRTUAL SOLIDARIA ALUMNI USC
Que é ALUMNI USC?
A Asociación de Antigos Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela é unha asociación sen ánimo de lucro que tenta fomentar as relacións entre os antigos estudantes universitarios, a comunidade universitaria e o conxunto da cidadanía.
Cales son os nosos obxectivos?
Os nosos principais obxectivos son dous:
-Colaborar coa Asociación Paluso. O 100% do recadado será destinado a esta Asociación.
-Fomentar alternativas de ocio saudábeis para a cidadanía adaptadas á situación sanitaria actual.
Que é a Asociación Paluso?
É unha Asociación sen ánimo de lucro de Santiago de Compostela dedicada a axudar ás persoas que o necesiten ofrecéndolles alimentos e roupa.
Cando é?
O 27 e o 28 de febreiro durante todo o día. Dada a situación sanitaria actual, para evitar concentracións, teredes os dous días da fin de semana para poder participar. Poderedes escoller o momento que mellor vos vaia!
Onde é?
A carreira realizarase dun xeito descentralizado, é dicir, non hai que realizar os 5Km por ningún percorrido específico. Deste xeito, é igual de válido facer o percorrido en Santiago de Compostela, Roma ou Caracas.
Que pasos debo seguir?
- Apúntate nesta web no botón Inscríbete.
- Descarga no teu móbil a App Rockthesport e introduce o código que se che facilitou ó formalizar a inscripción.
- Poderás adestrar nos días previos e medir os teus tempos coa App.
- O día da carreira, abre a App 10 min antes de comezar. Non esquezas levar o teu móbil!
- Unha vez dispoñíbeis as clasificacións poderás consultar a túa posición na carreira.
Comparte e síguenos nas nosas redes!
Alumni USC
Páxina web: www.alumniusc.gal
Instagram: @alumni_usc
Twitter: @alumniusc1
Facebook: @alumniUSC.asociacion
LinkedIN: Alumni USC
Asociación Paluso
Facebook: @asociacionpaluso