Más información
NADA E CORRE DELIKIA
(ZONA 3:
Ribeira, Pontevedra, Ourense)
REGULAMENTO
Club Deportivo
Delikia
Diputación
de Pontevedra
Universidad
de Vigo
Secretaría
Xeral para o Deporte
Federación
Galega de Triatlón e Pentatlón moderno.
Concello de
Vigo
Domingo 17
de Novembro do 2024.
Complexo
Deportivo Universidade de Vigo
. Piscina CUVI
. Pistas de atletismo CUVI
Entrada
principal do complexo deportivo
Os dorsais
e as series de natación serán entregadas ao/á adestrador/a responsable de cada club ou a nai/pai no caso de que o deportista non sexa de ningún club.
Entregaranse na Secretaría da competición de 13:00 a 13:30 o día da proba.
A comunicación de non presentados farase no momento da recollida de dorsais.
Quecemento
da natación a partir das 13:30
CATEGORÍA NATACIÓN HORA CARREIRA HORA
PREBENXAMÍN 25m. 14:00 250m 16:00
BENXAMÍN 50m. 14:15 500m 16:45
ALEVÍN 100m. 14:30 500m 17:00
INFANTIL 200m. 15:00 1000m 17:15
CADETE 300m. 15:15 1500m 17:30
Entrega de
premios as 18:00
** os horarios son aproximados, poden
xurdir variacións polo desenvolvemento da propia competición.
Medallas
para os 3 primeiros clasificados individuais por categoría e sexo.
Apertura de
inscricións o Mércores 30 de Octubre as 10:00
Peche de
inscricións o Martes 12 de Noviembre as 11:59
Para poder validar a inscripción na
proba, será obligatoria a introducción dos tempos de natación, na distancia
correspondente, para a elaboración das series (formato 0000 – minutos e
segundos seguidos)
Formalizarase a través da páxina web www.fegatri.org, dentro do apartado https://fegatri.org/inscricions/, accedendo á proba de referencia e cubrindo os datos solicitados en cada caso.
A inscrición realizarase en liña, a través da páxina web www.fegatri.org, dentro do apartado https://fegatri.org/inscricions/, accedendo á proba de referencia e cubrindo os datos solicitados. Para validar a inscrición é imprescindibleo envío da copia do DNI en vigor e o formulario de autorización de protección de datos a través da plataforma co DNI de quen autorice a mesma. Custe da licenza de 1 día de 6 euros.
Cada club deberá designar una persoa técnica/delegada, con licenza federativa que será o/a responsable do Club fronte a calquera incidencia da competición. A inscrición realizarase a través da plataforma de inscricións, no apartado de acreditacións.
Estas deben ser comunicadas a FEGATRI antes das 14:00 do mércores anterior a proba, 13 de novembro do 2024. As baixas non comunicadas en prazo serán penalizadas con 2 euros. A devolución das baixas comunicadas en prazo será realizada na mesma tarxeta de abono na semana seguinte á proba. Non se admitirán inscricións incompletas ou fóra de prazo. No caso de inscricións incompletas (falta de documentación) rematado o prazo de inscrición, estas
serán anuladas e non se farán devolucións. A lista definitiva de persoas inscritas publicarase na páxina web da FEGATRI o xoves anterior a proba.
A cronometraxe será manual nas probas de natación e de carreira.
As persoas participantes contarán co correspondente seguro deportivo.
http://fegatri.org/seguro-deportivo/
A proba rexerase polas normativas e regulamentos vixentes da Federación Galega de Tríatlon e P.M. e da Federación Española de Tríatlon:
http://fegatri.org/regulamento
Segundo o procedemento de reclamación/apelación probas FEGATRI http://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/05/Procedemento-de-Reclamacion-Apelacion-probas-da-FEGATRI.pdf
A competición consistirá de duas probas, nadar e correr. A natación efectuarase en series según os tempos de natación facilitados no momento da inscrición, por categoría e sexo.
A clasificación final será o resultado da suma dos tempos de natación e carreira
A organización reservase o dereito a facer modificacións no regulamento da proba se fora necesario para o correcto desenvolvemento da mesma