2º ENCONTRO MENORES DUATLON CONCELLO CEDEIRA

Inscripciones no activas

Datos básicos

  • Cuándo: Domingo, 11 de julio de 2021 a las 10:00
  • Lugar: CEDEIRA
  • Población: CEDEIRA
  • Provincia: Coruña (A)
  • Fechas de inscripción: Del 02/07/2021 a las 0:00 al 09/07/2021 a las 14:00

Tarifas

Días
Horas
Minutos
Segundos

Contacto

Más información

ENCONTRO DÚATLON DE MENORES

                          CONCELLO DE CEDEIRA                                              

 

REGULAMENTO

 

Organiza:

Club Natación Cedeira Muebles García

Email: cncatacioncedeira@gmail.com

Persoa de contacto: Xan Xosé Suárez Vilela

Teléfono:652 214 833

Federación Galega de Tríatlon e P.M.

Concello de Cedeira

 

Patrocina:

Federación Galega de Tríatlon e P.M.

 

Colaboran:

Concello de Cedeira

Muebles y Carpintería García

Cedeira Sport

A Frutería de Alberto

Aneiros

Decobaño Decoración

A Taberna de Jojó

Policía Local

Protección Civil

Secretaría Xeral para o Deporte

Deputación de A Coruña

 

Datos da proba:

Encontro de menores non competitivo dirixido a deportistas con licenza vixente FEGATRI  a partir de 6 anos cumpridos.

A proba rexerase polas normativas e regulamentos vixentes da Federación Galega de Tríatlon e P.M. e da Federación Española de Tríatlon e contemplará o protocolo preventivo FISICOVID-DXT vixente da FEGATRI, e pola normativa de Encontros de Menores FEGATRI 2021:

 

https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/05/encontros-menores-def.pdf

 

Saída, transición e meta:

Polígono A Xunqueira

 

Acceso controlado (COVID19) será obrigatorio identificarse con licenza ou DNI, NIE, Pasaporte.

 

Recollida de dorsais:

Na carpa de organización nas inmediacións da transición dende 45´ antes do comezo da proba ata 10´ antes de cada saída.

 

Agasallos

Todos os que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo.

 

Datas e horarios das carreiras:

Domingo 11 de xullo de 2021

Dúatlon en formato de carreira a pé e ciclismo. A entrada en meta farase xusto despois da liña de desmontaxe,  coa bicicleta na man.

 

 

CARREIRA

BICICLETA

HORA

PREBENXAMÍN (2014-2015*)

300m (1v)

1500 m (1v)

11:00

BENXAMÍN (2012-2013)

500m (1v)

1500 m (1v)

11:20

ALEVÍN (2010-2011)

1000m (2v)

3000 m (2v)

11:50

INFANTIL (2008-2009)

1500m (2v)

3000 m (2v)

12:30

 

OS HORARIOS PODERÁN SUFRIR VARIACIÓNS EN FUNCIÓN DA INSCRICIÓN NA PROBA

 

* 6 anos cumpridos e licenza de tríatlon en vigor

 

Clubs participantes (Normativa Encontros):

Grupo 3: A.D. Náutico de Narón, C.N. Cedeira Muebles García, Triatlón Ferrol, Trisada, C.N. Riveira

 

Inscricións:

Inscrición gratuíta.

Ata o martes 6 de Xullo de 2021

 

A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Regulamentos/inscricións

 

As inscricións e xestión das baixas rexeranse polas normativas vixentes da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno.

 

CLUBS.-Accederán a través do apartado competicións, picando na pestana Regulamentos/Inscricións e accedendo á carreira de referencia. Unha vez que se accede á carreira picarase na ligazón INSCRICIÓN, e introducirase o código do club (o código a utilizar é o mesmo que o do programa de licenzas).

 

NORMATIVA XERAL

Segundo se recolle no protocolo COVID-19 de aplicación á proba, citado neste regulamento,é obrigatorio

 - Manter a distancia interpersoal de 1.5 m en todo momento, antes, durante e despois da competición

-Uso de máscara en todo momento, coa única excepción do momento da práctica deportiva.

 -Evitar lugares concorridos, aglomeracións de persoas

-Non acudir á proba en caso de presentar síntomas compatibles coa COVID-19, febre ou contacto estreito recente con positivos.

En caso de detección, ou auto detección, de sospeita de COVID -19 no entorno da proba, seguiranse as directrices establecidas no punto 4.3 do protocolo FEGATRI.

 

Procedemento de saídas:

Saída:  escalada, con 3 deportistas saíndo cada 20” (vinte segundos) , dende o seu caixón de saída, e cunha separación lateral de 2 metros entre deportistas.

Dez minutos antes do comezo da saída, os/as deportistas iranse ordenando por dorsal na cámara de chamadas, mantendo sempre a distancia de seguridade, e irán avanzando cara os caixóns de pre-saída segundo o vaian indicando os oficiais e persoal de organización. Ao entrar no caixón de pre-saída, cando o/a oficial o indique, os/as deportistas poderán quitar a máscara e desbotala no contedor habilitado nese punto a tal efecto.  Se un/unha deportista presente non toma a saída no momento que lle corresponde, quedará a xuízo do/a XA permitirlle ou non tomar despois a saída, como moi pronto na última saída, e asignándolle en calquera caso o tempo de saída que inicialmente lle correspondía.

 

Chegada a Meta: unha vez que os/as deportistas pasen a liña de meta, dirixiranse, sen pararse, á zona próxima de post-meta, onde primeiramente se lles fará entrega dunha máscara que deberán colocar inmediatamente, e pasarán a avituallarse e saír da zona de post-meta coa súa bicicleta.

Todo o procedemento farase nun único sentido de circulación, e mantendo sempre a distancia de seguridade co resto de deportistas e persoal da proba.

 

Recollida de dorsais: Por medio do delegado ou adestrador de cada club. Será na carpa de acceso a zona restrinxida, onde deberán de presentar a declaración responsable para poder acceder,  xa con dorsal e acreditación.

 

Abandono da sede: unha vez finalizada a participación deberase abandonar a sede xa que a proba é sen público, evitando aglomeracións ou reunións grupais tanto antes como despois do evento.

 

 

 

 

CONSIDERACIÓNS

 

O acceso e saída farase pola zona ENTRADA e SAIDA DA ZONA DA PROBA.

 

Solicítase respectar os horarios ao máximo para evitar aglomeracións de xente durante as probas. Cada neno/a debe acudir á súa hora de control.

 

Ao terminar a proba poderán recoller o agasallo conmemorativo de xeito individual na zona de meta.

 

Unha vez recollido o agasallo xa se poderá saír do circuíto pola SAIDA.

 

A zona de TRANSICIÓN será de acceso exclusivo dos participantes e da organización.

 

Os acompañantes deberán respectar a distancia interpersoal e permanecer nas beirarrúas en todo momento, sen ocupar a zona dos circuítos. Unha vez rematada a proba poderán saír pola zona de SAIDA, que está xusto despois da META.