X MILLA SAN SILVESTRE ESTRADENSE

Información

O prazo para poder inscribirse e participar, abrirase ás 00:00 horas do venres día 4 de decembro de 2020. A inscrición terá un custo de 2 €, e débese realizar na web www.emesports.es. O prazo de inscrición rematará o sábado día 26 de decembro ás 14 horas. Cada corredor deberá descargar a aplicación RTS Virtual no seu smartphone, no momento da inscrición e recibirá no seu correo electrónico un código co que accederá aos servizos da aplicación, así como a un dorsal personalizado.

O prazo para completar a distancia da milla (1.609 m) será dende ás 00:00 horas do domingo día 27 de Decembro ata as 23:59 horas do mércores día 30 de decembro de 2020. Pasado o dito prazo non se poderán compartir resultados, aínda que a carreira se levase a cabo dentro do prazo establecido.
No momento de realizar a carreira, cada participante, deberá de completar a distancia na localización que desexe, escollendo o seu propio percorrido e cumprindo sempre coas limitacións de mobilidade e distancia de seguridade vixentes no momento da realización da proba.

X MILLA SAN SILVESTRE ESTRADENSE